A Disposición Adicional Decimoterceira da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia que regula a protección das persoas menores de tres anos, establece para os efectos de valoración, unha escala de valoración especifica (EVE).

A utilidade que se amosa de seguido só pretende ser un instrumento de axudas para os profesionais da orientación, da atención temperá e para as familias, col fin de aportarlles unha aproximación ó grao de dependencia dos seus alumn@s, usuari@s e fill@s (só se contemplan as variables de desenvolvemento). Nunca pretende suplantar ós profesionais que posúen as competencias para levar a cabo a función avaliadora.

IDADE, EN MESES, DO NEO OU NENA:
En castelán

CRITERIOS DE ACTIVIDADE MOTRIZ E ADAPTATIVA (Marcar os criterios que non acadara)

Axusta o ton muscular Mantén unha postura simétrica
Ten actividade espontánea Succiona
Fixa a mirada Suxeita a cabeza
Segue unha traxectoria horizontal Sostén un axóuxere
Séntase con apoio Tende a man cara un obxecto
Xira sobre sí mesmo@ Colle un obxecto en cadansúa man
Mantense sentad@ sen apoio Pasa un xoguete dunha man á outra
Quítase un pano que lle cobre a cabeza Colle un obxecto con oposición do polgar
Pasa de tumbad@ a sentad@ Tira dun cordón para acadar un xoguete
Ponse de pé con apoio Da pasos con apoio
Busca o contido dunha caixa Permanece de pé sen apoio
Abre caixóns Anda so/soa
Bebe so/soa Sube escaleiras sen axuda
Usa garfos para levar a comida á boca Empurra a pelota cos pés
Quítase unha prenda de vestir Recoñece a función dos espazos na casa
Baixa escaleiras sen axuda Realiza trazos co lapis
Traslada caixas con contido Abre una porta ó seu alcance
Anda sorteando obstáculos Sostense nun pé sen apoio
Ponse unha prenda de vestir Abre unha billa

NIVEL I    NIVEL II   NIVEL III

 

PARA SABER MÁIS:

Escala de valoración específica de dependencia para personas menores de tres años.

Manual de uso para el empleo de la escala.

Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.